Nery García Porta, becaria de investigación de 2013, primera optometrista española galardonada con una beca Marie Curie


Nery García Porta, unha doutora en Ciencias da Visión de Antas de Ulla, investiga na universidade de Anglia Ruskin, na cidade británica de Cambridge, como facer máis efectivo o tratamento médico dos pacientes de glaucoma.

Este proxecto multidisciplinar no que leva inmersa seis meses vale le unha bolsa postdoutotal europea Marie Curie, que recoñece e incentiva o talento das mulleres científicas. Cando se refire á consecución da Marie Curie, García Porta insiste en que foi “afortunada». Ela é graduada e doutora en óptica e optometria pola Uhiversidade de Santiago e tamén participou nun proxecto na portuguesa Universidade do Minho. Asemade, xa gozou dunha bolsa predoutoral da Xunta, que incluía docencia na USC, e outra da Fundación Barrié. “A verdad e é que tiven moita sorte”, insiste, con modestia. Foi éstá última axuda a que lle permitiu realizar a súa primeira estancía no Reino Unido, concretamente na universidade  Aston de Birmingham. Dentro de Europa, o Reino unido é a principal referencia en optometria, así que o vin como unha oportunidad.

Desta volta, a bolsa Marie Curie conleva o desprazarriento a país estranxeiro, de xeito que Nery García Porta volveu a súa vista cara a Inglaterra e presentou un proxecto multidisciplinar para ser desenvolvido na universidade Anglia Ruskin de Cambridge “Traballo nun equipo con físicos, optometristas e oftalmólogos e avaliamos de que xeito as condicións ambientais repercuten no éxito dos tratamentos de Glaucoma”, explica.

O glaucoma é una doenza que afecta o nervio óptico e que pode levar a cegueira. Como enfermidade dexenerativa, son requiridos tratamentos crónicos para o seu control, baseado fundamentalmente no uso de gotas para os ollos. “Este proxecto avalía os condicionantes que afectan o tratamento, na busca de que sexan máis efectivos, porque sabernos que as gotaslle causan incomodidade aos doentes”

Nery García Porta lidera esta liña de investigación que se prolongará dous anos e que conta cunha dotación de 195.000 euros. Dispón a universidade Anglia Ruskin cunha cámara para realizar probas “nun ambiente controlado, con ternperatura a 20 graos, determinada humidade, que permite simular condicións … “ Explica que ela achega a súa experiencia en lentes de contacto e o que lle atinxe á superficie ocular. Engade que o seu plan de trabailo inclúe nestas semanas o reclutamento de persoas para participar no estudo. “A universidade Anglia Ruskincon conta cunha clínica de optometría e ten convenio coa séguridade social británica para atender a pacientes de glaucoma”, comenta. Precisaran 40 afectados por esta enfermidade e outros 20 que non a teñan. “Hoxé mesmo [por onte] dixéronme dúas pérsoas que ían colaborar con nós”, comenta.

Nery García, Porta indica que esta organización do proxecto que ten un prazo de desenvolvemento de dous, anos, é unha das esixencias da bolsa Marie Curie, a cuxa organización lle ten que rénder Contas periódicamente. “Déronnos o diñeiro e queren

que presentemos resultados; é o lóxico”. Ainda que ela insista na “fortuna” de ter acadado esta inportante axuda económica para a investigación, o certo é que esta doutora de Antas de Ulla é a primera optometrista  española que a consegue a xeito individual.

Asemade  parte da bolsa Marie Cude inclúe tamén que ela lles imparta formación ao resto dos integrantes do seu equipo. “Enriquecémonos os uns cos outros a beneficio mutuo é parte do propósito dunha liña de financiamento coma esta. Estou contenta porque o proxecto xa está a rodar e imos súper ben de tempo” conclúe.

Fuente: Diario de Pontevedra, 3/11/2017

Autora:  Marta Veiga