Ángel Carracedo, becario de 1982, imparte una charla en el IES María Casares de Oleiros


Carracedo, autoridade e humildade mundial. Creador do grupo líder mundial en xenética forense imparte consellos laborais e de vida a alumnos do instituto María Casares

É unha das maiores eminencias científicas en España, creador dun grupo líder mundial en xenética forense, a persoa á que recurren policías de todo o mundo para traballos de identificación xenética. Veríamos normal que tivese un ego superlativo pero o doutor Ángel Carracedo, onte, deulle unha charla aos rapaces de Ciencias do instituto María Casares e faloulles máis dos seus erros que dos seus acertos. E, sobre todo, deulles consellos de vida, para o que non se cortou á hora de contar detalles persoais da súa vida, por se lles puidesen axudar a estos mozos de segundo de bacharelato que están no momento da vida no que teñen tanto estrés, de exames e de dir dicidindo xa qué estudios coller.

A Medicina Xenómica e as súas Aplicacións era o título da charla que Carracedo impartiu onte no instituto, organizada polo Clube de Ciencia do centro, e á que asistiron alumnos e profesores. Este catedrático de Medicina Legal e director da Fundación Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de Genotipado, lamentou o actual sistema educativo español que presiona tanto aos alumnos e os forza tanto a memorizar. Empatizou co estado de ánimo dos rapaces neste momento (moitos no medio da charla aínda sacaron o libro de Xeografía para aproveitar para repasar antes do exame), e invitounos a chamalo se querían asesoramento.

«Os sábados pola mañá vou pescar pero pola tarde sempre lle dedico tempo a xente que necesita algo, podemo
s tomar un café», ofreceu, en varias ocasións e de verdade, este Premio Nacional de Xenética. Carracedo animounos a optar pola investigación, defendeu que España compite nisto co resto do mundo. Aconselloulles ter iniciativa, como cando a el se le ocorreu escribirlle á Barrié de la Maza para pedirlle axuda para estudiar fóra e este lle contestou que cando recibise a súa carta xa tería unha conta aberta a seu nome.

Tamén os animou a loitar polas súas ilusións e a ser felices e non estresarse, quizais por iso lles dixo qué feliz o facía a el coller robalizas e marisco. Tamén lles contou o lema de vida que lle transmitiu súa nai, que o que importa é esforzarse, traballar, máis que o resultado. Tamén contou un dos seus grandes error, non protexer cunha patente un descubrimento de marcadores xenéticos. E relatou coñecidos casos nos que axudou a descubrir aos responsables de delitos, como o asasinato das nenas de Alcasser, o atentado do metro de Londres ou o do 11-M en Madrid.

Coas análises xenéticas puido dicir que o que levaba a mochila de Vallecas que non explotou era español e tiña os ollos azuis. Noutro caso dun violador, puido dicir que tiñan que buscar a un xamaicano e calvo, detalles que deixaron abraiados aos rapaces. Os alumnos pregutáronlle qué era o que máis lle interesaba agora mesmo e citou que quizáis a esquizofrenia.

Adiantoulles incluso un traballo que van a enviar á prestixiosa revista Nature que revela que co aporte xenético dende a Reconquista, en España somos «portuguesiños» totalmente.

Fuente:

La Opinión

M. Villar | Oleiros 31.01.2018