Nery García Porta, unha doutora en Ciencias da Visión de Antas de Ulla, investiga na universidade de Anglia Ruskin, na cidade británica de Cambridge, como facer máis efectivo o tratamento médico dos pacientes de glaucoma.
Este proxecto multidisciplinar no que leva inmersa seis meses vale le unha bolsa postdoutotal europea Marie Curie, que recoñece e incentiva o talento das mulleres científicas. Cando se refire á consecución da Marie Curie, García Porta insiste en que foi «afortunada». Ela é graduada e doutora en óptica e optometria pola Uhiversidade de Santiago e tamén participou nun proxecto na portuguesa Universidade do Minho. Asemade, xa gozou dunha bolsa predoutoral da Xunta, que incluía docencia na USC, e outra da Fundación Barrié. «A verdad e é que tiven moita sorte», insiste, con modestia. Foi éstá última axuda a que lle permitiu realizar a súa primeira estancía no Reino Unido, concretamente na universidade Aston de Birmingham. Dentro de Europa, o Reino unido é a principal referencia en optometria, así que o vin como unha oportunidad.
Desta volta, a bolsa Marie Curie conleva o desprazarriento a país estranxeiro, de xeito que Nery García Porta volveu a súa vista cara a Inglaterra e presentou un proxecto multidisciplinar para ser desenvolvido na universidade Anglia Ruskin de Cambridge «Traballo nun equipo con físicos, optometristas e oftalmólogos e avaliamos de que xeito as condicións ambientais repercuten no éxito dos tratamentos de Glaucoma”, explica.
O glaucoma é una doenza que afecta o nervio óptico e que pode levar a cegueira. Como enfermidade dexenerativa, son requiridos tratamentos crónicos para o seu control, baseado fundamentalmente no uso de gotas para os ollos. «Este proxecto avalía os condicionantes que afectan o tratamento, na busca de que sexan máis efectivos, porque sabernos que as gotaslle causan incomodidade aos doentes”
Nery García Porta lidera esta liña de investigación que se prolongará dous anos e que conta cunha dotación de 195.000 euros. Dispón a universidade Anglia Ruskin cunha cámara para realizar probas “nun ambiente controlado, con ternperatura a 20 graos, determinada humidade, que permite simular condicións … “ Explica que ela achega a súa experiencia en lentes de contacto e o que lle atinxe á superficie ocular. Engade que o seu plan de trabailo inclúe nestas semanas o reclutamento de persoas para participar no estudo. «A universidade Anglia Ruskincon conta cunha clínica de optometría e ten convenio coa séguridade social británica para atender a pacientes de glaucoma”, comenta. Precisaran 40 afectados por esta enfermidade e outros 20 que non a teñan. «Hoxé mesmo [por onte] dixéronme dúas pérsoas que ían colaborar con nós”, comenta.
Nery García, Porta indica que esta organización do proxecto que ten un prazo de desenvolvemento de dous, anos, é unha das esixencias da bolsa Marie Curie, a cuxa organización lle ten que rénder Contas periódicamente. “Déronnos o diñeiro e queren
que presentemos resultados; é o lóxico”. Ainda que ela insista na «fortuna” de ter acadado esta inportante axuda económica para a investigación, o certo é que esta doutora de Antas de Ulla é a primera optometrista española que a consegue a xeito individual.
Asemade parte da bolsa Marie Cude inclúe tamén que ela lles imparta formación ao resto dos integrantes do seu equipo. “Enriquecémonos os uns cos outros a beneficio mutuo é parte do propósito dunha liña de financiamento coma esta. Estou contenta porque o proxecto xa está a rodar e imos súper ben de tempo” conclúe.
Fuente: Diario de Pontevedra, 3/11/2017
Autora: Marta Veiga